Skip to main content
Novas

Campaña doazón de sangue verán 2011

By 7 Xullo, 2011No Comments

O Concello de RODEIRO e o Centro de Transfusión de Galicia ( CTG ), impulsan unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue, e deste xeito garanti-lo correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que van a precisar ó redor de 30.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.
As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG a :

RODEIRO

XOVES, 21 de XULO
UNIDADE MÓBIL NA RÚA DA PISCINA

De 16.30 ás 21.00 horas

Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán preténdese mellorar a información sobre este acto altruísta, para que a participación solidaria dos veciños de RODEIRO chegue aos nosos hospitais co obxectivo de compartir a nosa saúde e salvar vidas.

O Concello da RODEIRO e o Centro de Transfusión de Galicia, amosan o seu agradecemento a todos os veciños que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde, e necesario incrementar a participación para que RODEIRO sexa uns dos concellos mais solidarios de Galicia acadando o índice recomendado pola OMS.

Leave a Reply