Esta semana o Concello de Rodeiro pon en marcha unha campaña de sensibilización dirixida a toda a poboación de cara a concienciar e loitar contra a lacra da violencia de xénero.
Para a realización da campaña usouse o cartel gañador da VII edición do concurso de “Carteis Igualitarios” realizado polo Grupo Trespés no ano 2017 que baixo o lema “o maltrato silencioso tamén mata” fai fincapé nas distintas accións e condutas que tamén son maltrato e en moitas ocasións pasan máis desapercibidas ou se cren menos perigosas.
Recordamos que aínda está o prazo aberto ata o día 22 para participar no concurso deste ano.
Dentro da campaña de sensibilización tamén se inclúe a distribución de dípticos informativos dos recursos existentes na zona para a atención á muller que sofre malos tratos. Trátase de que a información sobre como actuar e a onde acudir chegue á maior parte da poboación de Rodeiro.
Así mesmo, as veciñas/os e comerciantes que queiran expor o cartel no seu negocio, sede, etc. esta semana poden pasar polo Concello a recoller un exemplar ou chamar para que se lle entregue directamente. Tamén pode descargarse directamente no seguinte enlace para imprimir.