Skip to main content
Novas

Campaña de Nadal 2023. Merca no comercio Local, dálle vida!

By 22 Decembro, 2023No Comments

O Concello de Rodeiro colabora no proxecto “Da Túa Man (rural)”, promovido pola Deputación de Pontevedra en concellos da provincia con poboacións inferiores aos 5.000 habitantes, que pretende visibilizar e modernizar ao pequeno comercio local adaptándoo aos novos hábitos de consumo a través da implantación e uso das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de prácticas que promovan a economía circular (redución na creación de residuos, promoción da reciclaxe e reutilización dos residuos), así como unha mellora no acondicionamento dos espazos que sirva para ofrecer un servizo óptimo á poboación local e de foco de atracción de visitantes.

Tamén se pretenden crear vínculos en toda a cadea de valor do comercio local e o produto de Qm.0 para impulsar unha estratexia común implicando ás comunidades locais aproveitando as potencialidades e recursos endóxenos (produtos locais, culturais e turísticos) destes termos municipais, para favorecer a empregabilidade e permanencia dos veciños no territorio.

As actuacións que se están a levar a cabo abranguen distintos ámbitos como, entre outras, a dotación de prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, o embelecemento das zonas comerciais, a instalación de illas ecolóxicas con contedores de reciclaxe de residuos, a instalación de dispositivos para residuos especiais, actividades de formación, a instalación de sinalética ou a creación dunha rede de comercio retallista, produtores locais e provedores, encamiñadas á dinamización e promoción do comercio local.

Enlaces de Instagram de influencers da 1ª ola da campaña dixital que colaboran neste iniciativa:

Blondiemuser              https://www.instagram.com/reel/C1CbKvhM9wY/?igshid=OTU1ODAwZWUxYg==

Ana Outomuro            https://www.instagram.com/reel/C0tsgmvIuI5/

Alvientooo                   https://www.instagram.com/reel/C01j53dMpRt/?igshid=OTU1ODAwZWUxYg==

Dende o Concello de Rodeiro, aproveitando estas datas de nadal nas que estamos , animamos a toda a veciñanza a apoiar ao noso comercio local. ¡Dálle vida!