A Deputación de Pontevedra, co obxecto de promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces, que favorecerá á vez a comunicación e o dinamismo multicultural entre eles, organiza un proxecto lúdico e educativo que inclúe a programación e o desenvolvemento de saídas ao medio natural, deportes de equipo, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros. Ofértanse 300 prazas nos campamentos de verán para menores da provincia de Pontevedra nacidos entre os ano 2004 e 2011, ambos incluídos.
As quendas ofertadas nesta edición son as seguintes:
1ª – Do 9 de xullo ao 14 de xullo.
2ª – Do 16 de xullo ao 21 de xullo.
3ª – Do 23 de xullo ao 28 de xullo.
4ª – Do 06 de agosto ao 11 de agosto.
5ª – Do 13 de agosto ao 18 de agosto.
6ª – Do 20 de agosto ao 25 de agosto.
O prezo desta actividade é de 125 € por neno/a, con descontos para familias numerosas.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 23 de marzo.
Toda a información sobre esta actividade e o proceso para realizar a tramitación da solicitude atópase no seguinte enlace:
https://www.depo.gal/web/edepo/campamentos-polideportivos
Para aclarar dúbidas e realizar a solicitude poden dirixirse ao Servizo de Educación Familiar municipal,