Obxecto:
Procura a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.
Persoas destinatarias:
As que teñan recoñecida a condición de persoa con discapacidade, cun grao igual ou superior ao 33%, e unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
Requisitos:
- Ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Ter unha idade comprendida entre os 11 e os 40 anos. Ter cumprida a idade mínima ao inicio da quenda e non superar a idade máxima á súa finalización.
- Estar empadroado nalgún concello de Galicia.
- Non presentar trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
- Ter unha capacidade mínima de comunicación e de participación nas actividades que se van desenvolver.
- Ter unha mobilidade acorde coas características da instalación que se solicita.
Campamentos quendas específicas
Prezo xeral: 125 € | Prezo con Título de familia numerosa: 62,5€ | Prezo con Carné xove: 93,75€
Documentación:
- Solicitude
- Xustificante de ter pagado.
- Copia da tarxeta sanitaria ou do seguro médico privado.
- Un informe médico actualizado, no caso de haber cambios de saúde importantes ou necesitar algunha atención especial dende que se presentou a solicitude.
- Copia do carné de familia numerosa ou do carné xove, segundo proceda, no caso de acollerse a algunha destas condicións.
- Unha fotografía tamaño carné.
Para maior información e trámite de prazas, dirixirse ao departamento de servizos sociais ate o día 2 de maio de 2017