Skip to main content
Novas

Campamentos. Acción de Verán 2024 da Xunta de Galicia

By 15 Abril, 2024No Comments

Baixo o lema O teu mellor verán, a Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre no verán participando en actividades deportivas, lúdicas, etc. Entre esas actividades están os campamentos dirixidos a rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos.
As quendas son de entre unha semana e doce días de duración nos meses de xullo, agosto e setembro.
Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura, artes, novas tecnoloxías…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser: piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica, astronomía…
Ofértanse tamén actividades fóra de Galicia: Álava, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid, Cantabria e Castela A-Mancha.

Os prezos varían entre os 117,36€ e os 284,50 €, con descontos do 50% para familias numerosas, monoparentais e familias de acollida e do 25% para usuarios/as do carné xove.
A tramitación realizarase exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
Tamén podedes achegarvos ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo de solicitude de praza estará aberto entre o 17 e o 30 de abril.