Campamentos. Acción de Verán 2019 da Xunta de Galicia

Por 23 Abril, 2019 Agosto 7th, 2019 Novas

Tódolos rapaces e rapazas, mozos e mozas de entre 9 e 17 anos poderán apuntarse aos campamentos de verán. Son unha forma divertida e diferente de pasar as vacacións.

As quendas son de entre unha semana e quince días de duración nos meses de xullo e agosto.

Podes escoller o campamento que prefiras en función da túa idade e das actividades que nel se oferten (náuticas, multiaventura…). Cada campamento desenvolverá actividades moi distintas, como poden ser  piragüismo, kaiak, vela, teatro, cine, hípica e o sendeirismo entre outras.

Ofértanse tamén actividades fóra de Galicia: Álava, Estremadura, Castela e León, A Rioxa, Madrid e Cantabria. Actividades de multiaventura, náutica, inmersión lingüística en inglés…
Os prezos varían entre os 117€ e os 284 €, con descontos do 50% para familias numerosas e monoparentais e do 25% para usuarios/as  do carné xove.

Para a tramitación será necesario o DNI e/ou Libro de Familia e  tarxeta sanitaria.
Información sobre as actividades ofertadas e tramitación das solicitudes no seguinte enlace:

http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Tamén  poderán achegarse ao Servizo de Educación Familiar do Concello de Rodeiro.
O prazo remata o día 7 de maio de 2019