Skip to main content
Novas

CAMPAMENTO URBANO 2007

By 1 Xaneiro, 1970No Comments
O Concello de Rodeiro abríu o prazo para el campamento urbano que se desarrollará do 2 ao 13 de xullo e que nesta edición se adica especialmente á recuperación de xogos tradicionais e a actividades relacionadas coa natureza.

As inscricións poden formalizarse na Casa da Cultura e o prezo é de 60 euros. As familias con dous fillos apuntados pagarían 30 euros polo segundo irmán, mentras que no caso de familias numerosas o terceiro iría gratis.

O programa de actividades está dirixido a dous grupos de idades. Por unha banda nenos de seis a trece anos que poderán participar en todo o programa e logo os de catorce ata trinta anos que se poden apuntar ás excursións e ademáis disfrutarán dun fin de semana especialmente organizado para eles na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda que conta con piscinas e a posibilidade de practicar diversos deportes desde a hípica ata tiro con arco.

Os participantes no campamento poderán disfrutar dunha serie de actividades da ludoteca, manualidades, xogos, piscina, percorrer rutas de sendeirismo, bicicleta e realizar prácticas de orientación, entre outras. Ao longo dos diez días os participantes teñen previsto pasar a xornada do día 5 no parque acuático de Cerceda. O 9 de xullo viaxarán a Lugo, visitarán a ciudade e a muralla pola mañá e pola tarde disfrutarán da piscina. O día 12 estarán en Cabeza de Manzaneda. O día 13 de volta aproveitarán para visitar Trives e unha vez en Rodeiro celebrarán unha festa.

Leave a Reply