Skip to main content
Novas

Campamento dixital. Modificación dos horarios

By 25 Setembro, 2024Outubro 3rd, 2024No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha o Campamento Dixital a través da Fundación Cibervoluntarios. É un programa de actividades extraescolares gratuíto para nenos/as e adolescentes de 9 a 17 anos en competencias dixitais. É unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
Son sesións de 30 horas de formación gratuíta en horario de luns e xoves pola tarde.
A aprendizaxe está plantexada como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.
Haberá dous grupos divididos por idades. Un grupo de 9 a 13 anos os luns e os xoves de 18:30h a 20:30h e outro grupo de 14 a 17 anos os luns e os xoves de 16:30h a 18:30h.
As actividades comezarán o luns 21 de outubro no Centro Cultural Municipal e as inscricións poderanse facer ata o día 16 de outubro no teléfono 986 79 01 85 ou nos seguintes correos electrónicos educadora@rodeiro.gal ou elena@rodeiro.gal.