Skip to main content
Novas

Camiño de Inverno

By 8 Novembro, 2021No Comments

Ábrese o prazo para anotarse na derradeira xornada do Programa Outono en Ruta. Un percorrido por parte do Camiño de Inverno que ofrecerá aos participantes unha andaina chea de paisaxes e paraxes incribles. Na chegada a Rodeiro terá lugar unha degustación ao cargo do Chef Alex Iglesias.

A saída terá lugar dende a praza do Concello na que un autobús levará aos participantes ata o punto de saída.

A chegada a Rodeiro á Casa da Cultura ás 12 do mediodía para asistir ao showcooking e a degustación.