A Xunta de Galicia convoca unha axuda económica para as familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade para a atención ás necesidades de conciliación puntuais ou durante os períodos de vacacións escolares ata setembro deste ano 2022.
Entre os requisitos para poder acceder á axuda está que ambos proxenitores estean efectivamente traballando.
Son subvencionables necesidades puntuais coma a atención do neno ou nena en caso de enfermidade, situación puntuais de carácter laboral ou formativo da persoa coidadora habitual ou necesidades de conciliación en períodos vacacionais cando os centros escolares están pechados.
Entre os gastos subvencionables está a contratación dunha persoa empregada do fogar de forma temporal ou a asistencia a campamentos ou servizos de conciliación nas vacacións escolares.
As contías da subvención varían entre 200€ e 500€.
O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de setembro de 2022 e a presentación da solicitude é obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na web da Xunta.
Poden recibir máis información dirixíndose ao servizo de educación familiar municipal. Teléfono de contacto 986790185 (extensión 4) ou no correo electrónico educadora@rodeiro.gal