Skip to main content
Novas

Bonificación do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) para inmobles onde se desenvolven actividades agrícolas, gandeiras e forestais

By 6 Febreiro, 2019Agosto 7th, 2019No Comments

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día 28/11/17, acordou modificar a Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI), introducindo unha bonificación potestativa do 95 % da cota íntegra do imposto para os inmobles no que se desenvolvan actividades agrícolas, gandeiras e forestais e que cumpran os requisitos establecidos na modificación da Ordenanza aprobada.

O texto definitivo da Ordenanza foi publicado no BOP núm. 29, correspondente ao día 9 de febreiro de 2018, que se contén como Anexo á presente.

O modelo normalizado de solicitude foi aprobado pola Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 06/02/19, e contense asemade como Anexo a esta nova.

A utilización do dito modelo normalizado é obrigatorio para a solicitude da bonificación.

A solicitude no modelo normalizado deberá presentarse no Rexistro do Concello ou ben por calquera outro medio admitido legalmente. No suposto de utilizar a sede electrónica do Concello, este deberá presentarse adxuntándoa, con toda a documentación preceptiva, como instancia xeral.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de marzo de 2019.

BOP: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2018/02/09/2018003245

Solicitude de bonificación do IBI (pdf)