Apreciados veciños:
Cando chegan estas entrañables datas de Nadal, todos nos sentimos invadidos por un estado de felicidade, paz e bos desexos.
Por iso, desde a corporación municipal de Rodeiro, á que eu represento como alcalde, queremos felicitar este Nadal a tódolos veciños do noso concello, aos que viven nestas fermosas terras de Camba e aos que, por circunstancias da vida, se atopan espallados pola emigración.
Tamén desexamos que no vindeiro ano 2008 a semente do amor e da paz xermole no fogar de todos. Deste xeito, poderemos enfrontarnos a un novo ano con ilusión e esperanza, intentando que tódolos nosos desexos e aspiracións se leven a cabo. Nós traballaremos fortemente por todos vós para acadar o benestar que todos ansiamos e merecemos.
Felices festas a todos.
Manuel Salgado González
Alcalde de Rodeiro