Skip to main content
Novas

Axuda económica para mulleres vítimas de violencia de xénero

By 26 Abril, 2017Agosto 7th, 2019No Comments

Obxecto:

A finalidade das axudas establecidas na Lei orgánica é proporcionar apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero; a das indemnizacións previstas na Lei galega é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.

Tipos de axudas:

  1. Axudas dirixidas a mulleres vítimas de violencia de xénero que residan na CA de Galicia e acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego -axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero-.
  2. Axudas de indemnización dirixidas ás mulleres que sofren violencia de xénero e/ou ás e aos menores ou persoas dependentes delas polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da situación de violencia, fixadas mediante sentenza xudicial, no caso de incumprimento, por insolvencia, por parte do obrigado a satisfacer a indemnización establecida no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Requisitos:

  1. Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero.
  2. Non convivir co agresor.
  3. Estar empadroada e residir en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
  4. Ter especiais dificultades para obter un emprego, que se acreditará a través do informe do Servizo Público de Emprego.
  5. Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75% do SMI vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Prazo de presentación:

  • Ata o 30 de novembro de 2017 para o caso das axudas.
  • Ata o 31 de outubro de 2017 para o caso das indemnizacións.

 Para maior información e trámite de axudas, dirixirse ao departamento de servizos sociais do Concello de Rodeiro