Comunícase para xeral coñecemento que, por mor das vacacións anuais do persoal encargado, a oficina dos servizos sociais do Concello permanecerá pechada ao público na segunda quincena do mes de agosto (días 16 ao 31, ambos inclusive).
Recoméndase a todos os veciños e usuarios que deban utilizar dito servizo, para a realización de xestións urxentes ou inaprazables, a que acudan ás oficinas municipais con anterioridade ao día 15 de agosto, no horario habitual.
O servizo continuarase a prestar de xeito normal a partires do día 1 de setembro.