Skip to main content
Novas

As primeiras sementes da igualdade

By 19 Outubro, 2023No Comments

Actividade cofinanciada pola Deputación de Pontevedra
“As primeiras sementes de Igualdade” é unha proposta coeducativa para as nais e pais de Rodeiro con crianzas de ata 5 anos de idade coa que fomentar a reflexión e a identificación dos estereotipos e roles de xénero presentes na nosa sociedade e que se reproducen tamén no entorno familiar.
Con esta acción fomentarase un espazo de parentalidade positiva e igualitaria onde as persoas participantes xeren un espazo de reflexión, tanto para identificar as prácticas sexistas, como para promover novas pautas educativas baseadas na igualdade, na liña dun enfoque coeducativo que permita tomar conciencia do proceso de socialización diferencial por xénero que ten lugar no marco familiar.
Serán 4 talleres de hora e media de duración cada un que comezarán o vindeiro venres 27 de outubro no salón de actos da Casa da Cultura.
A profesional encargada da formación será unha psicóloga experta en igualdade de xénero da empresa Retnova Proxectia Consulting.
Para participar só é preciso inscribirse no servizo de educación familiar chamando ao 986790185 ou a través do correo electrónico educadora@rodeiro.gal.
Ademais, contaremos con servizo de atención ás crianzas para aquelas nais e pais que desexen participar.