O Concello de Rodeiro, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, ten previsto levar a cabo unha serie de obradoiros formativos no vindeiro mes de abril de 2010, dentro das actividades programadas dende o departamento de Servizo Sociais; destinadas á promoción e autonomía das persoas maiores traballando estratexias para o reforzo da súa memoria.
O obradoiro terá lugar no Centro Cultural Municipal.
O primeiro encontro será o día 5 de abril ás 16:00 horas e terá como tema principal o coidado e a coidadora. Unha panorámica inicial.
A segunda sesión terá lugar o 12 de abril, As consecuencias da tarefa do coidado. Estrategias de actuación.
O 19 de abril impartirase a terceira sesión. Traballo práctico para traballar a memoria.
E por último, o 26 e o 30 de abril rematará o obradoiro coa sesión 4 e 5. Implementación do traballo coa persoa maior.
Para máis información contactar co departamento de Servizos Sociais ou ben chamar ó teléfono 986.79.00.09