A Deputación de Pontevedra concedeu, por resolución da Xunta de Goberno do día 12.02.2021, unha axuda ao Concello de Rodeiro por importe de 116.617,26€ destinada á contratación laboral de 15 desempregados/as para a prestación de servizos mínimos de competencia municipal, de interese xeral ou social. Aos efectos do establecido na base décimo oitava da convocatoria, que establece a obrigatoriedade de dar publicidade ás axudas concedidas, e para público coñecemento das persoas desempregadas que puidesen estar interesadas, achégase a previsión anual de incorporacións que se irán tramitando a través do Servizo Público de Emprego (oficina de emprego de Lalín).
Os servizos que se poñerán en marcha coa contratación destas persoas son os seguintes:
1. “Atención á infancia e aos maiores”
2. “Mantemento de servizos básicos municipais”
Calendario anual de incorporacións, tipo de xornada e duración dos contratos (pdf)