O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural o xoves 23 de febreiro ás 09:45 horas no centro cultural “Manuel Lamazares” en conmemoración ao día do nacemento de Rosalía de Castro, unha das grandes escritoras da literatura do século XIX, gran figura do Rexurdimento Galego e precursora do feminismo en Galicia.
A musa dos pobos (homenaxe a Rosalía de Castro). A musa dos pobos é un espectáculo músico-teatral baseado na vida e obra de Rosalía de Castro.
Nel a actriz María Alonso interpreta á propia Rosalía falando sobre a súa vida e obra e Servando Barreiro pon voz e música a algún dos seus poemas.
O resultado é unha alternancia entre cantigas enérxicas e outras máis intimistas e reflexivas enfiadas con paisaxes da súa vida e outros aspectos menos coñecidos mais nen por iso menos importantes do seu pensamento.
En cooperación co CPI de Rodeiro acudirán a vela todo o alumnado de infancia e primaria do centro escolar.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Rodeiro.