A Xunta de Goberno Local, na sesión celebrada o día 6 de xuño do corrente, acordou adxudicar a obra denominada “Abastecemento de auga e saneamento aos núcleos dos lugares de A Torre, Outeiro e Adelán (Guillar) e rúa B de Rodeiro-1ª Fase” ao contratista FERNANDO PENA CARAMÉS, de Siileda, polo prezo de 71.523,33 €. O proxecto está incluído no Programa de obras de saneamento e abastecemento de augas en pequenos núcleos (PSA) e as obras a realizar nesta primeira fase son : Depuradora en Adelán, Abastecemento en Outeiro (captación, conducción e depósito) e Canalización de auga en A Portela.