Recentemente, realizáronse melloras nas instalacións do pavillón polideportivo municipal.
As melloras consistiron na instalación de asentos nas bancadas de formigón, co fin de mellorar os servizos e a comodidade dos usuarios que queiran gozar dos eventos deportivos disputados nas instalacións.
O número de asentos instalados aproxímase ó centenar.
Ademais dos asentos, as instalacións contan cun novo xogo de porterías.
A alta demanda por parte dos usuarios das instalacións, entre os que se atopan as escolas deportivas provinciais e o clube de balonmán, fan que sexa necesario mellorar as instalacións para ofrecer un bo servizo.
Estas actuacións foron posibles,grazas á convocatoria de subvencións a entidades locais da provincia de Pontevedra con poboación inferior a 20.000 habitantes para a adquisición de desfibriladores, o mantemento, reparación de instalacións deportivas e espazos públicos e a adquisición, realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra.