O alcalde e a concelleira de servizos sociais recibiron onte no Concello aos dous nenos, acompañados das súas familias de acollida, que están a pasar o verán en Rodeiro procedentes dos campamentos saharauís. Ambos menores é o segundo ano que acoden a través do programa “Vacacións en paz” e dende o Concello agradecemos a implicación e solidariedade de ambas familias acolledoras que levan anos colaborando neste programa.