Skip to main content
Novas

Acto 8M : Día da Muller

By 6 Marzo, 2023No Comments

O Día Internacional da Muller celébrase o 8 de marzo e conmemora a loita das mulleres nunha sociedade na que aínda queda moito que visibilizar na desigualdade de xénero. Por elo, dende a Concellería de igualdade do Concello de Rodeiro organízase unha actividade para o Acto do 8M. Dita actividade terá lugar o mércores 8 de marzo ás 9:45 horas no Centro Cultural “Manuel Lamazares”, onde se fará un visionado do documental “Mulleres de Rodeiro. Mudando o cotiá” e, posterior á proxección poderase participar nun coloquio interxeracional coas protagonistas. Ao remate farase entrega dun pequeno obsequio.

En cooperación co CPI de Rodeiro acudirán á proxección do documental o alumnado da ESO.