Skip to main content
Novas

Actividades de sendeirismo 2016. V Edición do programa “Rodeiro entre camiños”

By 18 Marzo, 2016No Comments

A V Edición do programa deportivo de sendeirismo “Rodeiro entre camiños” iniciarase o domingo día 3 de abril e consistirá na realización de seis rutas, cinco ao longo da xeografía galega e unha na veciña Asturias, co obxectivo de fomentar a actividade física e ao mesmo tempo o coñecemento da riqueza natural e patrimonial do noso país. Neste programa de sendeiros incluiranse indistintamente rutas en domingo e en fins de semana. Programarase unha ruta cada mes, entres os meses de abril e novembro, agás xullo, agosto e setembro. No cartel anexo detállase o calendario provisional por meses e días.

De xeito oportuno, o Concello irá facilitando a información individualizada de cada unha das rutas, especificando as datas definitivas, prazo de inscrición, prezo e todos os detalles necesarios para coñecemento dos interesados.

V edición “Rodeiro entre camiños”