Skip to main content
Novas

Actividade de sendeirismo 2014. Programa “Rodeiro entre camiños”

By 7 Marzo, 2014No Comments

O programa “Rodeiro entre camiños” consistirá na realización de sete rutas, cinco delas situadas en concellos próximos ao noso, co obxectivo de coñecer o contorno que nos rodea e a riqueza natural e arquitectónica dos nosos concellos veciños. Neste programa de sendeiros incluiranse asemade dúas saídas de fin de semana ás zonas montañosas da nosa Comunidade, concretamente ao Courel e ao Xurés. Programarase unha ruta cada mes, entres os meses de marzo e novembro, agás xullo e agosto para evitar a calor do verán. A continuación detallamos o calendario provisional por meses e días de realización das rutas:

– 1ª Ruta : Sendeiro natural Aciveiro-Candán :23 de marzo

– 2ª Ruta : Sendeiro de Codos de Belesar : 27 de abril

– 3ª Ruta : Courel : fin de semana do 24-25 de maio

– 4ª Ruta : Sendeiro do Deza : 22 de xuño

– 5ª Ruta : Sendeiro circular de Oseira : 28 de setembro

– 6ª Ruta : Xurés : fin de semana do 18-19 de outubro

– 7ª Ruta : Sendeiro natural Sendas de Catasós : 16 de novembro

De xeito oportuno, o Concello irá facilitando a información individualizada de cada unha das rutas, especificando as datas definitivas, prazo de inscrición, prezo e todos os detalles necesarios para coñecemento dos interesados.

Leave a Reply