Skip to main content
Novas

Aberto por vacacións

By 1 Agosto, 2011No Comments

A necesidade principal da que parte esta actividade é o problema de conciliar a vida laboral e familiar en tempos non lectivos, onde os horarios dos pais e nais e dos fillos/as son moi diferentes e ata incompatibles. Esta situación agrávase especialmente nas vacacións de verán pola súa longa duración e por iso esta actividade se encadra nesta época.
O obxectivo desta actividade é ofertar un recurso de carácter lúdico pero tamén educativo en tempo non lectivos para os menores de 3 a 12 anos (EI e EP).
Os contidos que se traballarán terán un carácter lúdico-deportivo (xogos, deportes ao aire libre..), fomentando tamén o adestramento en habilidades sociais básicas e o pensamento creativo.
Aberto por vacacións desenvolverase entre o 8 e o 31 de agosto, en horario de 16.00 h. a 20.00 h.
Darase comezo o día 8 de agosto na Casa da Cultura ás 16.00 h, onde se lles informará aos pais e nais das actividades concretas, horarios…
Para inscribirse na actividade deben dirixirse ao Concello, servizo de educación familiar, en horario de 08:30 h. a 14:00 h.
O custo da actividade será de 20 €, con descontos para familias monoparentais, numerosas, rendas mínimas e 2º irmán matriculado (segundo ordenanza reguladora de servizos e actividades educativas do Concello de Rodeiro BOP Nº 194, do xoves 7 de outubro de 2010).
Ademais das actividades de tarde, tódalas mañás desenvolverase unha aula de apoio á aprendizaxe destinada a aqueles rapaces e rapazas que non acadaron os obxectivos académicos e presentan dificultades de aprendizaxe.
Para inscribirse poderán facelo a través do teléfono do Concello, 986790185, ou no mail educadora@rodeiro.gal

Leave a Reply