No Boletín Oficial da Provincia núm. 155 correspondente ao día 11 de agosto, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas a realizar no 2023. O prazo de presentación das solicitudes remata o día 20 de setembro de 2023.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención, aínda que a documentación xenérica poderán presentala soamente dunha vez.
Na xestión axudas ás actividades xa realizadas no que vai de ano poderán simultanearse as fases de solicitude e xustificación do gasto. Para aquelas que se realicen entre a data de publicación da axuda e o que resta do ano 2023 terán solicitarse (artigo 8 da ordenanza reguladora) realizando unha previsión de gasto sobre a que logo, na fase de xustificación, se axustará a subvención que no seu momento se conceda.
Convocatoria BOP Culturais 2023 (pdf)
Convocatoria BOP Deportivas 2023 (pdf)
Formularios oficiais de solicitude e conta xutificativa 2023 (pdf)