No Boletín Oficial da Provincia núm. 239 correspondente ao día 16 de decembro, publicouse o anuncio da convocatoria das subvencións para actividades culturais e para actividades deportivas realizadas no 2022. O prazo de presentación das solicitudes remata o día 25 de xaneiro de 2023.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente de xeito electrónico a través da sede electrónica do Concello (https://rodeiro.sedelectronica.gal) utilizando o trámite “instancia xeral”, á que achegarán os formularios oficiais que se poden descargar no enlace anexo. Lémbrase que se debe presentar una solicitude individualizada por cada unha das actividades para as que se soliciten subvención, aínda que a documentación xenérica poderán presentala soamente dunha vez.
Formularios oficiais de solicitude e conta xustificativa: SubvencionsActividadesCulturaisDeportivas2022 (pdf)
BOP Deportivas: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/12/16/2022073831
BOP Culturais: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/12/16/2022073825