O sábado día 4 de xullo inaugurarase a temporada de verán coa apertura ao público das instalacións da piscina municipal de Rodeiro. O horario de apertura é de 12 a 14 horas da mañá e de 15,30 a 20,30 horas da tarde todos os días da semana, agás os luns e as mañás dos martes que permanecerá pechada por descanso do persoal. A utilización da instalación é gratuíta para todos os usuarios.