Con data 26 de marzo o Sr. delegado provincial da Consellería de Traballo dictou resolución pola que concede ao Concello unha subvención por importe de 36.776,02 € para o desenvolvemento da acción formativa denominada “Aplicacións informáticas de xestión”, correspondente ao Plan FIP 2008. O curso ,cunha duración de 325 horas lectivas, iniciarase en vindeiras datas no local habilitado da antiga casa-escola de Río.
Información sobre o curso : Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” (tfno.: 986790301)