Skip to main content
Novas

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes aproba de xeito definitivo o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) do Concello de Rodeiro

By 6 Marzo, 2009No Comments

A Sra. conselleira en funcións de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes ditou con data 2 de marzo de 2009 unha Orde pola que resolve outorgar a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rodeiro. Con dita resolución culmínase con éxito un dilatado proceso que se iniciou coa súa aprobación inicial polo Pleno municipal no ano 2005 e que vai satisfacer nos vindeiros anos as necesidades de desenvolvemento urbanístico do noso Concello e as demandas dos veciños, empresas e sectores afectados.

A entrada en vigor do plan aprobado producirase unha vez se publique o acordo de aprobación no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia, segundo o disposto no artigo 92 da LOUG.

Leave a Reply