Novas

II Edición de Raíces e Horizontes

By 3 Setembro, 2026No Comments

O vindeiro 5 de setembro, Rodeiro acolle unha nova edición de Raíces e Horizontes – Xornada de Migración, un encontro para compartir culturas, experiencias e historias, crear lazos e seguir construíndo comunidade.

– Parque do Lago do Concello de Rodeiro
– A partir das 17:00 h

Mesa e reflexión, para conversar e compartir experiencias.
Gastronomía e degustacións, con sabores de diferentes lugares.
Actividades para os máis pequenos e pequenas, con xogos e obradoiros.
Concertos e festa, para pechar a xornada con música e diversión.

Unha tarde para coñecernos, compartir e celebrar a diversidade que nos une.

Porque as nosas raíces son diversas e os nosos horizontes son comúns.

Agardámoste en Rodeiro!

Share