
Ante a situación actual de escaseza de auga, desde o Concello de Rodeiro facemos un chamamento á responsabilidade de toda a cidadanía.
Pedimos reducir os consumos innecesarios e facer un uso responsable da auga:
– Duchas curtas e pechar as billas cando non sexan necesarias.
– Lavadora e lavalouzas a plena carga.
– Revisar e reparar posibles fugas.
– Limitar o rego de xardíns e hortas.
– Evitar o uso de mangueiras para lavar vehículos e superficies.
– Non encher nin repoñer piscinas, agás nos casos autorizados.
A auga é responsabilidade de todos e todas.
Grazas pola vosa colaboración e compromiso.
Fagamos un uso responsable da auga.