Novas

Gran Cuarteto da familia Bocaprier chega a Rodeiro con música, humor e espectáculo

By 10 Agosto, 2026No Comments

O vindeiro venres 14 de agosto, Rodeiro acollerá unha nova proposta do programa +Escénicas +Teatro, cunha actuación do Gran Cuarteto da familia Bocaprier.

A formación ofrecerá un divertido e orixinal pasarrúas musical, que percorrerá o municipio desde As Carpinteiras ata o Pub Quirós, enchendo as rúas de música e animación.

A actuación dará comezo ás 21:00 horas e a entrada será de balde, polo que veciñanza e visitantes poderán achegarse para desfrutar dunha noite diferente e para todos os públicos.

Share