Novas

Plan Corresponsables FEMUPO

By 15 Xullo, 2026No Comments

Dende a Federación de Mulleres de Pontevedra (FEMUPO) ofértase formación gratuíta para mulleres que queiran profesionalizarse no sector do coidado de nenos, nenas e adolescentes.

A formación oriéntase a atención de menores non dependentes con necesidades de coidados no seu entorno cotiá. Son tres módulos formativos centrados no coidado, animación e primeiros auxilios, con un total de 330 horas.

É unha formación semipresencial, na meirande parte on line a través de aula virtual.

Para obter máis información podes chamar ao 623 53 54 18 ou a través do correo electrónico corresponsablesfemupo@gmail.com

Enlace para inscrición no curso:  https://forms.gle/9QYhWDq3eyWmqVo77

Tamén podes obter o formulario no servizo de educación familiar municipal.

Share