Novas

Servizo de CIM móbil

By 26 Maio, 2026No Comments

O vindeiro xoves 28 de maio entre as 10 e as 13:30h. estarán na Avenida Gumersindo Areán as profesionais do Centro de Información ás Mulleres da Xunta de Galicia.

Unha psicóloga e unha traballadora social informarán a todas aquelas mulleres que se acheguen dos servizos que se ofrecen dende este punto móbil:  un recurso especializado da Xunta de Galicia para prestar información, asesoramento, atención, orientación e acompañamento psicolóxico, social e xurídico, de forma ambulatoria naqueles concellos que actualmente non dispoñen dun Centro de Información á Muller (CIM).

Así mesmo recordamos que Rodeiro mantén un convenio co CIM de Lalín a través do cal préstase atención a todas aquelas mulleres que o solicitan, tanto en atención psicolóxica coma en asesoramento xurídico.

Share