Novas

Alfredo Suárez Canal será o pregoeiro da 3ª edición de Sabor Labrego

By 19 Maio, 2026No Comments

O exconselleiro de Medio Rural (2005-2009) foi elixido tras o proceso participativo aberto á veciñanza, sendo un dos nomes máis apoiados.

Desde o Concello destacan a súa defensa do rural galego, do sector agrogandeiro e das pequenas granxas, así como o impulso de iniciativas pioneiras como o Banco de Terras de Galicia ou as Uxfor.

Tamén se puxo en valor a súa vinculación co municipio, xa que durante o seu mandato se aprobou a primeira —e ata hoxe última— concentración parcelaria do concello.

Un recoñecemento a unha traxectoria comprometida co futuro do rural galego.

Share