
A Casa da Cultura acolle unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil coa obra “O Bosque das Emocións”, unha proposta pensada para que os máis pequenos desfruten do teatro e aprendan a identificar e expresar as súas emocións.
Terá lugar o vindeiro mercores, 6 de maio no centro cultural municipal “Manuel Lamazares”.
Unha actividade para gozar en familia, fomentar a creatividade e achegar o teatro aos nenos e nenas.