Novas

Campaña de recollida plástico agrícola: Negrelos-Riobó-Rodeiro, Pedroso, San Cristovo do Az, Sta. Mariña de Pescoso, Sta. Baia de Camba, Fafián

By 23 Abril, 2026No Comments

O Concello de Rodeiro informa da realización dunha nova campaña de recollida de plástico agrícola, co obxectivo de facilitar unha xestión correcta dos residuos procedentes das explotacións.

A recollida inclúe exclusivamente plásticos de silo e de invernadoiro, que deberán depositarse limpos e atados nos puntos habilitados.

Datas

  • Depósito dos plásticos: días 27 e 28 de abril.
  • Recollida: día 29 de abril.

Lugares habilitados

  • Parroquias de Negrelos, Riobó e Rodeiro: campo da festa de Negrelos.
  • Parroquia de Pedroso: parcela xunto a casa escola.
  • Parroquia de Az: campo da festa.
  • Parroquia de Sta. Mariña: campo da festa.
  • Parroquia de Sta. Baia: campo da festa.
  • Parroquia de Fafián: campo da festa.

Normas importantes

  • Só se recollen plásticos de silo e de invernadoiro.
  • Non se recollen garrafas, big bags, cordeis, restos de poda nin ningún outro tipo de residuo.
  • Non depositar plásticos fóra das datas indicadas.
  • Lémbrase que non está permitido depositar plástico agrícola nin no contedor verde nin no amarelo.
Share
1 / ?