Novas

O programa +Benestar 2026

By 2 Marzo, 2026No Comments

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Benestar Social, pon en marcha o programa “+Benestar” 2026, unha iniciativa que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo en establecementos hostaleiros das Rías Baixas (talaso ou spas) e, ao mesmo tempo, pretende ser un programa dinamizador da economía da provincia que impulse a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

Consiste nunha estadía de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de comer), nun hotel con talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.

O programa “+Benestar” 2026 contará con 2.127 prazas, das cas poderanse beneficiar as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

  • Estar empadroadas na provincia de Pontevedra.
  • Ter 55 anos ou máis.
  • Para persoas menores de 55 anos, deberá concorrer nelas algunha das seguintes circunstancias:
    • Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o cal se acreditará coa tarxeta ou o certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
    • Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outros.
    • Ter aprobada a resolución do programa individual de atención en que se recoñeza a condición de coidadora doutra persoa con recoñecemento de dependencia a través do Sistema para a Atención e Autonomía á Dependencia (SAAD). No seu defecto, as persoas que non cumpran co anterior, deberán ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do seu concello, a necesidade dun respiro familiar.
  • Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
  • Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
  • Poder realiza-las actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.

Acompañantes:

A persoa solicitante poderá ir acompañada doutra persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra tamén todos os requisitos exixidos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Para trámite solicitudes poderán acceder no seguinte enlace, ou ben achegarse aos Servizos Sociais do Concello de Rodeiro, ate o vindeiro día 13 de marzo de 2026.

https://www.depo.gal/es/web/edepo/-/mais-benestar

Share
1 / ?