Skip to main content
Novas

Campamento dixital

By 27 Novembro, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro pon en marcha un Campamento Dixital a través da Fundación Cibervoluntarios e en colaboración coa ANPA XULIO LOIS.

É un programa de actividades extraescolares gratuítas para nenos/as e adolescentes de 9 a 13 anos en competencias dixitais. Unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado polos Fondos Next Generation da Unión Europea.
Será os días 22 e 23 de decembro en horario de 09:00h. a 14:00h. no Centro Cultural Municipal.
A aprendizaxe está plantexada como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. Trátase de aprender a usar a tecnoloxía de xeito creativo, positivo e saudable.

Ofértanse 15 prazas e as inscricións poderanse facer ata o día 5 de decembro no teléfono 986 79 01 85 ou no seguinte correo electrónico educadora@rodeiro.gal.