Skip to main content
Novas

“Zapatos vermellos” contra a violencia de xénero.

By 17 Novembro, 2025No Comments

Inspirada no proxecto de arte pública de Elina Chauvet.

De cara a conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a eliminación da violencia conta as mulleres, dende a Concellería de Igualdade ponse en marcha este campaña na que durante toda a semana recolleremos na Casa do Concello zapatos de muller vermellos ou que se pintarán nas actividades de Rodeiro Activa, Concilia e tamén no PAI. Posteriormente, o 25 de Novembro realizarase unha exposición con todos eles na praza do Concello como acto conmemorativo en forma de protesta e recordo das vítimas mortais da violencia machista deste ano 2025.

Zapatos vermellos é, en verbas da súa autora a mexicana Elina Chauvet, unha obra de arte colaborativa que viaxa conceptualmente e se replica en todo o seu proceso nas diferentes partes do mundo. Cada par de zapatos pintados de vermello simbolizan unha vítima de violencia de xénero, un recordo a unha muller que xa non está.

Para colaborar con esta campaña podes deixar un par de zapatos usados de muller na Casa do Concello ao longo desta semana. Con todos eles crearemos unha exposición o vindeiro 25 de novembro na praza do Concello.

Para máis información preguntar no servizo de educación familiar.