
Recentemente, detectamos un vertido de residuos domiciliarios nun lugar non autorizado. Estas prácticas son incorrectas e prexudican o medio ambiente e a saúde pública.
Lembrámoslle á veciñanza que os residuos domiciliarios que non van nos contedores da rúa deben levarse ao Punto Limpo.
Para empregar o servizo do punto limpo podes:
- Entregar persoalmente os residuos nas instalacións do punto limpo, mediante cita previa.
- Solicitar a recollida dos residuos no teu domicilio.
Para concertar cita previa ou para facer a solicitude de recollida domiciliaria, pode realizarse telefónicamente no 986 79 01 85.
O Punto Limpo é a forma segura e responsable de xestionar:
- Electrodomésticos
- Mobles
- Restos voluminosos (colchóns, sofás, etc)
- Chatarra
- Outros residuos especiais
Non tires lixo onde non corresponde. Facer unha xestión responsable dos residuos e manter o noso municipio limpo é responsabilidade de todos.