Skip to main content
Novas

+ Reto Dixital: Obradoiro de capacitación dixital

By 14 Outubro, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro a través da Deputación de Pontevedra organiza un obradoiro para a aprendizaxe do uso da banca móbil e compras electrónicas dirixido a persoas maiores de 50 anos para mellorar as súas habilidades tecnolóxicas.

Horario: luns 20 e martes 21 de 9:30h a 12:00h

Lugar: Centro Cultural Manuel Lamazares

Custe: 5€

Para máis información ou para inscribirse chamar ao teléfono 986790185.