Skip to main content
Novas

Residuos nas cunetas: un recordatorio do que debemos cambiar

By 6 Febreiro, 2026No Comments

A presenza de lixo abandonado no medio natural, segue a ser un desafío. A aparición de residuos nas cunetas das nosas estradas é un recordatorio de que aínda debemos mellorar vellos hábitos que deterioran a paisaxe e afectan negativamente aos ecosistemas.

A maior parte destes residuos non aparecen de maneira accidental: responden a comportamentos incívicos, como o feito de arroxalos polas ventás dos vehículos, e tamén á falta de conciencia sobre o impacto destes xestos. Trátase dunha acción aparentemente pequena, pero cun efecto moi real sobre a nosa contorna.

Ademais de prexudicar a imaxe do noso concello, estes residuos contaminan solos e augas, supoñen riscos para a fauna e incrementan o perigo de incendio.

A pesar de que no noso Concello se eliminaron numerosos puntos de vertido incontrolado, seguimos observando que as cunetas seguen sendo espazos afectados polo abandono de residuos. Por iso lembramos que cada pequeno xesto conta: coidar a nosa contorna é unha responsabilidade compartida, porque cada residuo que non chega ao chan é unha pequena vitoria.