Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ser maior de 60 anos, ou de 55, e neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
b. Estar empadroada/o e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Valerse por si mesma/o para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
d. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
Acompañantes
A persoa solicitante poderá ir acompañada de:
O seu ou a súa cónxuxe ou, se fose o caso, a parella de feito ou persoa coa cal teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a).
Unha filla ou fillo, que teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre e cando este o poida facer sen necesidade de apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpra os requisitos, agás o da letra a).
Unha persoa coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta, cumpra todos os requisitos.
O prazo de presentación de solicitudes, remata o día 16/07/2025.