Benvida do Alcalde
Estimado/a veciño/a:
Facer de Rodeiro o mellor lugar para vivir, é o obxectivo principal que queremos acadar, traballar para todos vós para que sexa un concello transparente, accesible politicamente, ben conectado territorialmente e con servizos de calidade tal como se merece este Concello. A creatividade e a innovación seguen sendo muros nos que dialogar coa cidadanía e onde a industria, os servizos, o deporte e a educación sexan canles para participar colectivamente nesta nova estratexia. Coidaremos o turismo, en especial o Camiño de Inverno.
Estamos obrigados a escoitar e atender a túa voz para que todos sintamos Rodeiro coma un proxecto de unión.
Nesta páxina poderás coñecer as novas do día a día pero tamén a administración electrónica, unha nova oportunidade para a participación activa. Rodeiro é un concello aberto, e queremos dar un paso máis cunha aposta firme e decidida pola comunicación e as novas tecnoloxías.
Agradecemos a vosa visita.