Skip to main content
Novas

O Concello de Rodeiro incorpora a un operario coa axuda concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de persoas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil financiadas nun 60% pola Unión Europea.

By 12 Decembro, 2025No Comments

O Concello de Rodeiro tramitou unha axuda para o fomento do emprego entre as persoas mozas desempregadas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do noso Concello. Esta actuación pretende apoiar a integración das persoas mozas no mercado laboral a través dun programa dirixido a mellorar a súa empregabilidade e inserción profesional. E, ao mesmo tempo, preténdese reforzar o persoal dispoñible no Servizo de mantemento e conservación de vías e espazos públicos. Neste servizo realízanse labores de interese xeral como desbroces, bacheos, limpeza viaria e outros propios desta época do ano e de gran importancia para a seguridade como son a retira de polas ou esparexemento de sal.
Deste xeito, a persoa contratada realizará un traballo efectivo que lle procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo e polo outro realizará un traballo de gran interese para a veciñanza.