Skip to main content
Novas

Exposición e proxección do documental Chicas Nuevas 24 horas

By 13 Xaneiro, 2026No Comments

O proxecto Chicas nuevas 24 horas de Mabel Lozano chega a Rodeiro.

Esta actividade impulsada pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de loita contra a Violencia de Xénero e en colaboración co Concello de Rodeiro, pretende achegar a denuncia sobre a compra e venda de mulleres e nenas para a súa explotación sexual. Esta acción enmárcase no conxunto de accións promovidas pola a Rede de entidades locais contra a violencia de xénero en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Integran a exposición, que se pode visitar dende o día 15 e ata o próximo 30 de xaneiro no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares, diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma danse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España, Arxentina, Perú, Colombia ou Paraguai, afectadas por esta lacra.

A proxección do documental será o vindeiro venres 16 de xaneiro ás 20:00 horas no salón de actos do centro cultural. A entrada é gratuíta e a idade recomendada é para maiores de 13 anos.

O programa esta producido e guionizado por Mabel Lozano, cineasta comprometida co mundo da muller e os dereitos humanos, que ten abordado a denuncia da explotación sexual e a violencia contra a muller en longametraxes e curtas ao longo da súa filmografía. O seu traballo, Biografía del cadáver de una mujer recibiu o Premio Goya á mellor curtametraxe documental.