O Concello de Rodeiro pon en marcha este programa dirixido á rapazada e mocidade con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos con prioridade para empadroados/as no noso concello.
Será un tempo de entretemento e lecer para pasar as mañás das vacacións escolares de Semana Santa.
O seu principal obxectivo é ofertar un recurso de conciliación durante todo o período non lectivo de vacacións de entroido para unidades familiares con menores de entre 3 e 16 anos. Desta forma foméntase a corresponsabilidade entre homes e mulleres por medio de facilitar a unhas e outros a conciliación dos seus tempos persoais, familiares e laborais, ademais de proporcionar nos tempos de vacacións dos menores unha oferta de actividades lúdicas pero tamén educativas e inclusivas.
As actividades serán os días 14,15,16 e 21 de abril de 2025.
Horario: 09:00h. a 14:00h. nas instalacións do CPI de Rodeiro.
Ábrese prazo de inscripción dende o día 1 ao 11 de abril, incluído. Rematado este prazo, de quedar prazas libres, poderanse seguir inscribindo menores ata completar as 20 prazas ofertadas, aínda que non estean empadroados/as.
As actividades cobraranse en base á Ordenanza de servizos e actividades educativas por horas totais de asistencia programadas que se indicarán na folla de inscripción, podendo anotarse por días concretos. Será preciso achegar o xustificante de pago para poder asistir á actividade.
Aqueles menores que xa participaron no programa Concilia só terán que presentar a solicitude debidamente cumplimentada e a documentación complementaria que non conste no seu expediente e que así se lle requira.
Para recibir máis información das condicións do servizo e realizar a solicitude deberase contactar co servizo de educación familiar. Teléfono: 986790185. Correo electrónico: educadora@rodeiro.gal.